Informática, Inglés ou Contabilidade, algún dos cursos do CIM para este trimeste

86
A concelleira de Muller, Lola Dopico, presentou esta semana os cursos do Centro de Información á Muller que se poñen en marcha na segunda quincena de outubro. A concelleira fixo especial fincapé nos criterios de inscrición nos cursos dado que se modificaron con relación á última convocatoria.

Os curso están penados para persoas empadroadas no Concello de Pontevedra, maiores de 18 anos.

FORMAS DE INSCRICIÓN:

  • Nas oficinas do CIM (horario de recollida de inscrición de 10:30h a 13:30h)
  • Mediante correo electrónico dirixido a: igualdade@concellopontevedra.es
  • Mediante fax : 986 85 18 00

DOCUMENTACIÓN:

  • Para todos os cursos: solicitude debidamente cuberta, volante de empadroamento actualizado, expedido polo Padrón Municipal, fotocopia do NIF e declaración xurada de non ter realizado o mesmo curso co CIM nos últimos dous anos.
  • Para os cursos de INICIACIÓN Á INFORMÁTICA e PERFECCIONAMENTO Á INFORMÁTICA BÁSICA: solicitude debidamente cuberta, certificado de empadroamento actualizado, fotocopia do NIF, proba de coñecementos e declaración xurada de non ter realizado o mesmo curso co CIM nos últimos dous anos.
  • Para os cursos de INGLÉS (PERDER O MEDO A FALAR), DESEÑO DE PÁXINAS WEB , OFIMÁTICA WORD E EXCEL e INTRODUCIÓN Á FACTURACIÓN E CONTABILIDADE: solicitude debidamente cuberta, volante de empadroamento actualizado (expedido polo Padrón Municipal), fotocopia do NIF, certificado de períodos de inscrición (expedido por el INEM), CV ou proba de coñecementos e declaración xurada de non ter realizado o mesmo curso co CIM nos últimos dous anos.

CURSOS DE INFORMÁTICA:

  • Os días de clase para o curso de INICIACIÓN Á INFORMÁTICA son: martes e xoves, días 15-17-22-24 de novembro e 13-15-20-22 de decembro.
  • Os días de clase para o curso de PERFECCIONAMENTO INFORMÁTICA BÁSICA son: luns, mércores e venres, días 17–19–21–24 de outubro e 7-9-11-14-16-18-21 de novembro.
  • Os días de clase para o curso de DESEÑO DE PÁXINAS WEB son: luns, mércores e venres, días 14-16-18-21-23-25 de novembro e 12-14-16-19-21 de decembro.
  • Os días de clase para o curso de OFIMÁTICA WORD E EXCEL son: martes e xoves, días 18-20 de outubro, 8-10-15-17-22-24 de novembro e 13-15-20 de decembro.
  • Os días de clase para o curso de INTRODUCIÓN Á FACTURACIÓN E CONTABILIDADE son: luns, mércores e venres, días 23-25 de novembro e 12-14-16-19-21 e 22 (xoves) de decembro.

OS CRITERIOS XERAIS DE INSCRICIÓN:

  1. Estar empadroada/o no Concello de Pontevedra e reunir os requisitos esixidos que se sinalen na convocatoria respectiva de cada curso ou actividade.
  2. Unha vez aplicado o criterio anterior, de existir máis candidatas/os que prazas, terán preferencia as/os aspirantes que non fixeran o mesmo curso en convocatorias anteriores.
  3. De continuar existindo máis alumnas/os que prazas, aplicarase un baremo no que se ponderarán as horas de formación en cursos recibidas polo CIM nos dous últimos anos.
  4. Nos cursos reservarase unha cota non inferior ao 5% para ser cuberta por mulleres vítimas de violencia de xénero.
  5. As/os seleccionadas/os nas accións formativas que non comuniquen a súa non asistencia con antelación ou abandonen a actividade formativa sen xustificación poderán ser excluídas das convocatorias durante un ano a contar dende a celebración do curso. Así mesmo, a ausencia do 15% das horas lectivas en calquera dos cursos ou actividades do CIM, implicará a baixa automática do mesmo.
  6. En función das características da acción formativa, das/dos destinatarias/os, obxectivos, eficacia e do interese do propio CIM, poderanse establecer na convocatoria outros criterios de selección.
  7. Igualmente, naqueles supostos en que pola índole do curso sexa preciso posuír uns coñecementos previos para o seu seguimento, poderase establecer na convocatoria a necesidade de acreditalos documentalmente ou mediante unha proba de coñecemento, de considerarse oportuno.
  8. No caso de erros por parte do CIM na selección de participantes, estableceranse mecanismos de compensación para as/os candidatas/os. Para tal fin poderán ser admitidas/os no seguinte curso análogo que se convoque.
COMPARTIR