Volve a Noite dos Calacús nas vésperas do Día de Todos os Santos

71

A Concellaría de Festas celebra un ano máis a Noite dos Calacús, que coincide coa véspera do Día de Todos os Santos, o luns 31 de outubro. O departamento que dirixe Carme da Silva organiza esta xornada con actividades para todo os públicos, especialmente para os máis pequenos, na praza da Verdura.

Na tradición galega, a Noite dos Calacús era unha festa de gran importancia xa que supoñía a fin da tempada de colleitas e o comezo da "estación escura" ou do solsticio do inverno. Para recuperar esta antiga tradición de traballo nos calacús nas vésperas do Día de Todos os Santos, o luns, 31 de outubro, a Concellaría convida aos nenos e nenas de Pontevedra a achegarse á praza da Verdura, a partir das 18:00, horas para gozar de varios obradoiros.

Poderán traballar cos calacús e as velas que servirán para ambientar o casco histórico da cidade coas cabazas xa decoradas.