O Concello de Pontevedra presenta a Poio o Plan de Mobilidade

70

O concelleiro de Mobilidade, Luís Bará mantivo esta mañá un encontro con Xosé Luís Martínez, concelleiro de tráfico do Concello de Poio para presentar as distintas alternativas de mobilidade para as pontes da Barca e das Correntes, segundo se recollen no Plan de Mobilidade realizado para o Concello de Pontevedra.

Trátase dunha reunión máis das que o concelleiro vén mantendo nestas últimas semanas para presentar e debater as propostas do Plan de Mobilidade. Cabe recordar que nestes encontros presentáronse as liñas xerais do documento a todos os colectivos sociais. Tamén mantivo reunións sectoriais con entidades e asociacións relacionadas directamente coa mobilidade así como con veciños e residentes de distintas partes da cidade para abordar as solucións específicas de cada zona.

O concelleiro de Mobilidade, Luís Bará, explicou que se trata de buscar as solucións que permitan mellorar o funcionamento do tráfico tanto na zona de Pontevedra, pola rúa Echegaray, como na rotonda da ponte da Barca, na zona de Poio. O Concello de Poio quedou de estudar as propostas e, de ser necesario, o concelleiro de Mobilidade, Luís Bará volverá a ter novas reunións, incluso, co equipo redactor do Plan.