12+1 A superstición chega ao Salón do Libro

49

12+1 Este é o suxerente título da XIII edición do Salón do Libro que terá como temática conductora as supersticións. Anxos Riveiro, concelleira de Cultura, presentou esta semana a próxima edición desta cita cultural que se celebrará entre o 4 e o 31 de marzo de 2012.

A concellaría de Cultura leva varias semanas traballando no Salón que é unha das pezas máis prezadas da programación cultural de Pontevedra, e un dos proxectos culturais polos que máis aposta o Concello dado que nel conflúe toda a sociedade: centros de ensino, asociacións teatrais, editoriais…

A pasada edición, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra recibiu a visita de máis de 30.000 persoas chegadas de toda Galiza.

Anxos Riveiro quixo agradecer especialmente a implicación dos centros de ensino que amosaron a súa disposición para participar neste proxecto, a pesares da difícil situación que están a vivir. A concelleira lembrou que os centros son un piar fundamental no Salón, e súa colaboración e participación garante que esta nova edición volva a ser todo un éxito.

O autor homenaxeado é Paco Martín, escritor lucense, Premio Nacional de Literatura Infantil en 1986 coa obra Das cousas de Ramón Lamote, pero tamén é autor de relato, escritos didácticos e divulgativos…

Anxos Riveiro lembrou que xa están abertos todos os prazos para que os centros de ensino se inscriban no Salón.