Os alumnos do municipio coñecen a vida das aves silvestres da cidade

80

 A Concellaría de Parques e Xardíns en colaboración co naturalista Federico de la Peña inicia esta mesma semana unha campaña divulgativa en todos os centros de ensino de Educación Primaria do municipo co propósito de amosar a riqueza das aves silvestres que ten a cidade. O fío conductor desta campaña será o audiovisual “Veciñas do aire” que presentou o Concello de Pontevedra e o naturalista a pasada primavera.

Son moitas as aves que viven permanentemente en Pontevedra, e outras moitas que nos visitan no inverno escapando dos fríos doutras latitudes máis europeas. Son estas especies as que Federico de la Peña dará a coñecer nos centros escolares, e tamén levará algunha sorpresa ás aulas que “agradará aos alumnos”.

A primeira xornada será este xoves, 24 de novembro, no colexio San Martiño. Será  ás 12.30 horas. Continuará nas vindeiras semanas noutros centros como Cabanas, Xeve, Ponte Sampaio, A Carballeira (Lourizán), Campolongo…