Máis de 375.000 euros para novos proxectos no Concello

85

A Concellaría de Economía e Facenda, que xestiona Raimundo González Carballo, promove a aprobación dunha modificación de crédito de 375.193,35 euros, que será debatida no pleno municipal deste mes. Esta modificación é, nun 85%, para investimentos en distintas áreas, entre elas:

  • Pavillón Municipal: 146.000 euros
  • Turismo: 50.000 euros
  • Obras nos centros escolares: 100.000 euros.
  • Asistencia técnica para promoción do emprego: 49.000 euros.

Esta modificación procede dunha partida destinada a pistas polideportivas, á consignación para a escola-obradoiro que finalmente non concedeu á Xunta; a partidas en protocolo e dinamización social e tamén a unha partida de repacións do centro histórico, segundo expicou Raimundo González Carballo.

COMPARTIR