Volve o Club de Debate!

74

A Concellaría de Normalización Lingüística volve a convocar o Club de Debate que este ano chega á súa terceira edición. O concelleiro responsable do departamento, Demetrio Gómez presentou esta mañá a próxima edición que comeza mañá.
Neste ano participarán 5 equipos de cinco centros públicos, un total de 46 rapaces de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. O concelleiro agradeceu e felicitou persoalmente a participación dos profesores nesta actividade “especialmente nun momento de recorte como o actual”.
Os centros que participarán son:

  • Valle-Inclán
  • Xunqueira I
  • Luís Seoane
  • IES Poio
  • IES Ponte Caldelas

Mañá pola mañá celebrarase a primeira xornada de formación na que se lles pasará un vídeo aos rapaces participantes e se lles explicará as técnicas para falar en público, para que se coñezan e se sintan en liberdade para falar en galego.
Os debates están previstos para o 28 de xaneiro (fase eliminatoria) e 4 de febreiro, no Café Moderno, a final.
Os temas escollidos para o debate nesta ocasión son:

  1. Na fase eliminatoria: A actual democracia permite a participación dos cidadáns na toma de decisións?
  2. Na fase final: O galego precisa unha norma estándar?