O alumbrado navideño encenderase o día 5 de decembro

85

A cidade de Pontevedra encenderá a súa iluminación de Nadal o vindeiro luns, 5 de decembro a partir das 18.00 horas. Así o anunciou onte a concelleira de Festas, Carme da Silva quen tamén deu conta de importantes novidades da chegada dos Reis Magos de Oriente a Pontevedra, o próximo 5 de xaneiro.

Carme da Silva explicou que durante varias semanas mantivo reunións co comercio pontevedrés, tanto Aempe como Zona Monumental, para acordar a instalación da iluminación de Nadal, de tal xeito que estiveran acendidas o maior número de rúas posible.

Tanto o Concello como os comerciantes coincidiron en que a iluminación de Nadal contribúe moito a ambientar as rúas, especialmente nunha situación de crise como a que se está a vivir. Por iso, chegaron ao acordo de instalalo no maior número de rúas posible, chegando non só ao centro urbano senón tamén a Monte Porreiro, Estribela e Ponte Sampaio.

O acendido está previsto o luns, 5 de decembro, ás 18.00 horas na praza de España.

A iluminación de Nadal estará acesa dende o 5 de decembro ao 5 de xaneiro (vésperas de Reis) en horario de 18.00 a 01.00 horas, salvo a Final de Ano e a véspera de Reis que permanecerá encendida ata ás 03.00 horas.

A concelleira de Festas explicou que se tratan de arcos con luces de moi baixo consumo, e de feito as horas de encendido case non inflúen no gasto de electricidade, xa que case anecdótico.

Cabalgata de Reis

A concelleira de Festas tamén adiantou que a tradicional chegada dos Reis Magos de Oriente a Pontevedra tamén vivirá importantes novidades o vindeiro 5 de xaneiro. Dado que os nenos pontevedreses portáronse especialmente ben ao longo deste ano, os Reis Magos acordaron chegar a Pontevedra pola mañanciña. Chegarán a cabalo percorrendo distintas rúas da cidade e comezar a recepción real no Pazo de Mugartegui ás 11.00 horas. E estarán recibindo as peticións dos nenos ata ás 14.00 horas, unha hora máis que en anos pasados.

Durante estas tres horas, o Concello tamén organizou actividade de rúa na praza da Pedreira para animar aos máis cativos mentres esperan a ser atendidos por Melchor, Gaspar e Baltasar.

Unha vez que os Reis reciben as últimas peticións dos máis pequenos, a Cabalgata discurrirá polas rúas de Pontevedra (dende Doce de Novembro ata a praza de España, pasando por Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina e Michelena) a partir das 18.00 horas, de tal xeito que poida estar rematada sobre as 19.30 horas. Esto permitirá aos Reis Magos facer as últimas compras no comercio local, xa que está previsto o peche a partir das 20.00 horas. (Esta medida tamén foi consensuada co sector).

A Cabalgata de Reis estará formada polas tres carrozas dos Magos de Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasar, así como por outras tres carrozas máis nas que irán os paxes dos Reis e todos os agasallos que repartirán polas casas dos nenos de Pontevedra nesta noite.

Os Reis repartirán máis de 1.000 kilos de caramelos, todos aptos para celíacos.