Pontevedra, acendida para o Nadal

94

A cidade de Pontevedra xa se viste de luz para o Nadal. Dende o luns, 5 de decembro, moitas das rúas da cidade, e todas as o centro histórico, lucen vistosos arcos de luz colocados polo Concello e as asociacións de comerciantes da cidade, logo de chegar a un acordo para a distribución destes tradicionais arcos de luz.

Este ano a iluminación de Nadal tivo unha agradable sorpresa como foi a iluminación dunha árbore de Nadal situada na praza de España.

Tanto o Concello como os comerciantes coincidiron en que a iluminación de Nadal contribúe moito a ambientar as rúas, especialmente nunha situación de crise como a que se está a vivir. Por iso, chegaron ao acordo de instalalo no maior número de rúas posible, chegando non só ao centro urbano senón tamén a Monte Porreiro, Estribela e Ponte Sampaio.

A iluminación de Nadal estará acesa dende o 5 de decembro ao 5 de xaneiro (vésperas de Reis) en horario de 18.00 a 01.00 horas, salvo a Final de Ano e a véspera de Reis que permanecerá encendida ata ás 03.00 horas.