Pontevedra traslada o seu modelo de cidade ao Parlamento Galego

65

O Concello de Pontevedra participará mañá, luns, 12 de decembro, na Comisión non permanente de estudo da seguridade viaria en Galicia creada polo Parlamento de Galicia e a petición da presidenta da Cámara autonómica, Pilar Rojo. A comparecencia será ás 12.00 horas e poderá seguirse en directo pola canle de TV do Parlamento.

En representación do Goberno Local acudirá o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera quen exporá aos membros desta comisión na que se atopan representantes públicos coñecidos na nosa cidade como a ex conselleira pontevedresa Teresa Táboas ou o concelleiro do Partido Popular, Jacobo Moreira; o modelo de cidade de Pontevedra, as espectacular reducción de accidentes graves na cidade (e tamén de falecidos) dende a implantación da velocidade máxima a 30km/h, ou outras iniciativas como a próxima implantación da velocidade 30 km/h no rural.

Esta comisión é un foro de estudo e debate que ofreza propostas para mellorar a seguridade viaria en Galicia e reducir a siniestralidade. Xa participaron entidades como o RACE, a Dirección Xeral de Tráfico ou Stop Accidentes, entre outros.

Segundo a carta enviada pola presidenta do Parlamento de Galiza ao Concello “a comisión considera de grande interese a colaboración dese concello”.

O concelleiro de Infraestruturas terá unha comparecencia de 15 minutos e logo poderán preguntar os representantes dos grupos parlamentarios.