I Xornadas Interdisciplinares de formación e innovación educativa na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

23

I Xornadas Interdisciplinares de formación e innovación educativa

Hora: 9.00 horas
Lugar: salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle as primeiras Xornadas Interdisciplinares de formación e innovación educativa o 14 e 15 de decembro dirixidas ao alumnado do Grao en Educación Infantil e Primaria e ás persoas docentes en exercicio. A actividade ten como finalidade contribuír á mellora do labor docente mediante a posta en común de actividades innovadoras, coñecer outras realidades e estratexias educativas e orientar a práctica docente cara unha metodoloxía de investigación-acción na escola inclusiva.

Programa do día 14 de decembro

9.00h- 10.30h. Orientación e titoría académica, persoal e profesional do alumnado universitario. Lucía Herrera Torres
10.30h- 12.00h. Evolución da educación infantil e primaria dende a Lei Xeral de Educación de 1970. María José Pérez Mariño
16.00h-17.00h. Estratexias para a dirección dun teatro educativo para infantil e primaria. Estíbaliz Delgado
17.00h-18.00h. A horta escolar: un proxecto innovador e sostible na educación infantil e primaria. Juan Vivanco Toribio
18.00h-19.30h. Os diamantes da rúa: recuperando tesouros profundos. Un achegamento á intervención social fóra do contexto institucional. Eladio Rodríguez Díaz
19.30h-21.00h. Os xogos ecolóxicos, con material reutilizable na educación infantil e primaria. José Palacios Aguilar

 

Programa do día 15 de decembro

10.00h-11.30h. Innovación en titorías no ámbito universitario. Lucía Herrera Torres
11.30h-13.00h. Impacto da ruptura parental en nenos e nenas de idade escolar. Dolores Seijo Martínez

COMPARTIR