Maratón solidario de aeróbic no Pavillón Universitario

18

Maratón solidario de aeróbic

Hora: de 20.00h a 22.00h
Lugar: Pavillón Universitario (a carón da Cruz Vermella)

O campus de Pontevedra acolle a décima edición Maratón Solidario de Aeróbic. A iniciativa, organizada polo Servizo de Deportes e a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, propón dúas horas de exercicio a cambio dunha pequena axuda humanitaria. Cada participante deberá achegar un quilo de alimentos non perecedoiros que posteriormente se entregarán aos Padres Franciscanos.

PROGRAMA:
20:00 h
Quecemento.
20:15 h
+ Aerodance.
20:45 h
+ Aerobic.
21:15 h
+ Aerobox.
21:45 h
+ Zumba.
22:15 h
  Final

 

COMPARTIR