Alejandro Paisa Gil

53

Aínda que castelán de nacemento, a Alejandro Paisa pode considerárselle galego, xa que reside en Pontevedra desde que tiña oito anos.

 

A partir dos anos cincuenta comezou a realizar exposicións persoais, que chegan a medio cento amplo, en diversas cidades de España. Tamén enviou obra a colectivas de todo o país. Está representado nos Museos de Pontevedra e Vigo, así como en institucións públicas de Galicia, Asturias e Castela.


Paisa Gil é, fundamentalmente, un acuarelista. De execución primorosa, a minuciosidade da súa pincelada afástao da facilonería habitual no xénero. Pola contra, as súas paisaxes están construídos con precisión e un verismo exacto en canto á natureza representada. O seu cromatismo é rico, e con frecuencia acudiu á mariña, que na súa pintura chega a considerable nivel.

 

 

COMPARTIR