José María Barreiro

21

José María Barreiro nace en Forcarei en 1940 e realiza a súa primeira exposición individual 21 anos despois. 

Desde entón realizou exposicións en diferentes cidades do territorio nacional, e a principios dos anos 90 participou en exposicións internacionais en Chicago e Miami. 

É moi coñecido polas súas interpretacións de grupos de gaiteiros e multitudes. Tamén é un excelente bodegonista, onde a aparente despreocupación contén, sen embargo, unhas medidas moi xustas de liberdade. 

COMPARTIR