Formación na seguranza viaria para toda a cidadanía

25

Unha concepción integral da educación viaria obriga a sacar esta actividade de sectores específicos e proxectala a toda a sociedade mediante informacións e mensaxes que alenten comportamentos adecuados ó volante e que inhiban, por convencemento, doutros comportamentos perigosos para vida e integridade física de un mesmo e dos outros usuarios das vías.

Dentro desta concepción cobra plena dimensión a figura do voceiro da Policía local, persoa encargada 7de manter as relacións cos medios de comunicación, xa que a promoción de mensaxes e subministro de información sobre boas prácticas en materia de seguridade viaria, así como todas aquelas noticias que tratan de lograr a complicidade da cidadanía coa Policía local á hora de abordar operativos de tráfico beneficia a todos sen excepción, ben vale a pena adicarlle certos recursos.

Dentro destas prácticas cobra especial relevancia a transmisión de mensaxes concretos sobre factores detectados como causas principais da sinistralidade viaria ou elementos que axudan a agravación das lesións. A detección destes factores, as medidas adecuadas para diminuílos ou erradicalos, a promoción de prácticas adecuadas para enfrontalos e a súa divulgación para toda a cidadanía a través dos medios de comunicación resulta básico para acadar a finalidade proposta da mellora da seguridade viaria. Exemplo destas prácticas son as campañas sobre circulación nas rotondas ou a campaña de prevención de atropelos amplamente difundida que se xuntan ó presente traballo como anexos.

A publicidade das campañas de tráfico para chamar a atención sobre comportamentos altamente perigosos para a vida e a integridade física da persoas realizadas con certa asiduidade son prácticas que contribúen ó debate social e a concienciación modificando condutas en clave positiva.

As entrevistas en prensa, radio e televisión dos responsables políticos ou da propia Policía local incidindo en aspectos concretos relativos á seguridade do tráfico, á mobilidade alternativa, ás medidas de seguridade e outras tamén reportarán beneficios para a causa que se pretende.

Neste sentido o Plan Tipo de Seguridade Viaria Urbana, na súa proposta número 11 titulada: “Difusión das actuacións municipais en materia de mobilidade e seguridade viaria”, establece:

Os controis que establece a Policía municipal pretenden acadar un maior grao de seguridade viaria, especialmente no relativo a velocidades inadecuadas, prioridade de paso e seguridade pasiva (utilización do casco, cinto de seguridade, elementos de suxeición infantil, etc)"

Do mesmo modo tamén é imprescindible que se leve a cabo coa máxima difusión dos propios resultados do plan de seguridade viaria ou da actividade realizada nos foros de debate. Para reforzar o compromiso da cada cidadán, é conveniente que os políticos e técnicos responsables do mesmo comparezan periodicamente ante a opinión pública explicando a filosofía das obrigas adquiridas pola corporación e as faga extensibles a toda a poboación.

Estas actuacións, na media do posible, deben ofrecerse en roldas de prensa convocadas polo consistorio coa periodicidade que sexa necesaria. Así pode conseguirse un efecto positivo na poboación aproveitando épocas especialmente adecuadas como o inicio do curso escolar, o período vacacional, etc. As accións en materia de información viaria dirixida a todos os colectivos, debe permitir así mesmo a participación, polo que deben articularse mecanismos máis adecuados para conseguir este obxectivo. Os medio de comunicación locais han participar activamente na difusión das mensaxes positivas.

Exemplos de accións asociadas:

  • Elaborar un plan de difusión mediatica.

  • Definir un programa temático específico que reforce a actuación de fondo do control do cumprimento das normas de circulación, que se produce durante o ano.

  • Explicar o programa de actuación nas intervencións públicas periódicas para presentar o plano de seguridade, os seus resultados, etc. (roldas de prensa, publicacións, etc).

  • Difundir información e mensaxes preventivos a través dos medios de comunicación locais.

  • Publicitar e dar a coñecer as distintas accións municipais que se leven a cabo.

  • Facilitar o acceso do cidadán á formulación de solicitudes con relación á seguridade viaria e abrir os foros de debate.

  • Definir instrumentos e vías de comunicación entre a administración e os cidadáns.

  • Incluír a seguridade viaria nos planos de mobilidade.

Ámbitos de actuación:

  • A formación e a información sobre seguridade viaria urbana.

  • A coordinación e colaboración entre administracións.

  • A participación social sobre seguridade viaria urbana.”

COMPARTIR