VII Xornadas Agrarias: ‘Viticultura e Mercados’ no Pazo da Cultura

23

As VII Xornadas Agrarias celebraranse en Pontevedra co viño como protagonista.

A Federación Rural Galega (FRUGA) organiza a VII edición das Xornadas Agrarias, que celebran os días 16 e 17 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Para inscribirse chega con mandar nome, teléfono de contacto, e-mail a agv@fruga-galiza.org. A inscrición son 5 euros e inclúe o xantar. Hai actividades para os nenos/as durante o evento. Tamén destaca o denominado Túnel do Viño que desenvolverá a continuación das Xornadas o sábado á noite e o domingo pola mañá, con exposición e degustación de 60 marcas de 30 adegas do país.

Programa das VII Xornadas Agrarias: Viticultura e Mercados.

 

 

 

Ver documento PDF

COMPARTIR