Cursos dirixidos a persoas da terceira idade

28

A autonomía das persoas nos seus desprazamentos como peóns e como condutores son compoñentes inseparables da calidade de vida.

Sen embargo, a mobilidade das persoas maiores vese reducida por razóns de saúde, condicións ambientais e outras. Estes aspectos constitúen barreiras que limitan a súa autonomía e isto fainos vulnerables cando coexisten con outros tráfico, por este motivo son considerados un sector a ter en conta como destinatario prioritario de accións de educación viaria coa finalidade de compensar, paliar corrixir ou eliminar certos factores de risco.

O coñecemento das estratexias que poden utilizarse para afrontar as dificultades ambientais e das limitacións funcionais e moi valioso.

En estas xornadas dánse pautas a cerca de como:

  • Desprazarse con itinerarios seguros,.

  • Como previr accidentes.

  • Identificar situacións de risco.

  • Infraccións máis comúns: alcohol, medicamentos e somnolencia, co fin de reflexionar e extremala.

  • Precaución para evitar accidentes tanto se circule de peón como de condutor ou cando se use o transporte público

O total de charlas organizadas son tres, encádranse na formación prevista para maiores en educación viaria, e corren a cargo de dous educadores da Policía Local de Pontevedra.

As xornadas realizáronse na Fundación Caixa Galicia, nas Residencias de Maiores Fernández Ladreda e na Residencia de Maiores Alameda, as que están encadradas dentro do Plan de Educación Viaria 09/10, .

O obxectivo é primordialmente instruír e formar en Educación Viaria aos nosos maiores, co fin de dotalos de estratexias e recursos persoais en beneficio de súa seguridade.