Ensino infantil

26

 

Coa intención de darlle a máxima difusión a esta actividade para fomentar o debate e a sensibilización social sobre o particular realízanse dous grandes actos de promoción desta actividade: a inauguración do curso e a clausura do mesmo. A primeira vai dirixida a estudantes de ESO e Bacharelato e a segunda ós nen@s de 5º curso de primaria. Neste acto participan as autoridades locais xunto co equipo de Educación viaria, ademais de algunha persoa nomeada na defensa dos valores da educación viaria, e sempre está dirixidos por espectáculos de entretemento que co pano de fondo da educación viaria fan as delicias dos asistentes: grupos de teatro, grupos de música, espectáculos de maxia. O longo do curso celébranse concurso de cartas que os alumnos de primaria dirixen ós pais con motivos relacionados coa educación viaria e de mensaxes curtos de teléfono móbil.

Como práctica principal na que está habendo participación masiva de escolares cabe destacar a pedalada pola Cidade, na que máis de 1.000 asistentes percorren as distintas rúas previamente establecidas, o fundamento desta actividade é a promoción do transporte alternativo, saudable, respectuoso co entorno e non contaminante ó tempo que se poñen en práctica os coñecementos previamente adquiridos como condutores de bicicleta.

Para cumprimentar o material escolar o Concello de Pontevedra editou 5.000 exemplares do libro, “Unha pulga, cinco amigos e un tandem” expresamente encargado para a educación viaria á escritora Fina Casalderey. Na actualidade está en marcha outro libro coa mesma temática da escritora Rosa Aneiros.

Igualmente se editou unha obra de mensaxes curtos no que participaron: Manolo Rivas, Manuel Javois, Sergio Barral, Xabier Lamas, Cesar Casal e rosa Aneiros, con duras mensaxes a cerca do resultado das imprudencias viarias.

Todo este material foi distribuído entre todos os participantes

No curso de educación viaria participan trinta e dous centros de todo o Concello.

 

ÁMBITO DE APLICACIÓN

a).-GARDERÍAS.- Visitas a garderías por educadores da Policía local,con programa dirixido a nen@s ( con idade de entre 0 e 3 anos).

b).-EDUCACIÓN INFANTIL.- Visitas organizadas as nosas Dependencias da Policía local, para alumnos de Infantil 3º ( con idade de entre 5 e 6 anos).

c).-EDUCACIÓN PRIMARIA: .- A presente campaña vai dirixida os estudantes de Educación primaria de 5º curso ( de entre 10 e 11 anos de idade) con número total de 700 alumnos, dando comezo no mes de novembro o e con finalización no mes de Xuño.

d).-EDUCACIÓN SECUNDARIA:.- A presente campaña vai dirixida ós estudantes de Educación secundaria de 4º curso da ESO e 1º e 2º de bacharelato ( de entre 16 e 17 anos de idade), cun total de 1.500 alumnos participantes , en unha sesión nos 10 centros docentes.

e).- PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN E REEDUCACIÓN VIARIA EN COLABORACIÓN COA FISCALIA DE MENORES: o presente programa vai dirixido a moz@s e mozas infractores, maiores de 14 anos e menores de 18 anos, que se comprometeran a realizar unha actividade socio educativa, durante a instrución dun expediente incoado contra eles por delitos contra a seguridade viaria e imprudencias punibles.

PROGRAMACIÓN E CONTIDOS

a).-Educación infantil

1.- Entrega de unidades didácticas aos profesores docentes dos centros (vídeos, contos e informacións de contidos sobre actuacións como peón e ocupante de turismos e autobuses, a Rúa, o paso de peóns, semáforos, sistemas de retencións, entre outros. As entregas de materiais os docentes son en soporte dixital.

2.- Prácticas de Seguridade nos centros:

Supervisar protocolo de entrada saída dos alumnos nos centros escolares. Verificar protocolos de seguridade nas rutas dos centros, co obxecto de colaboración e mellora unificando protocolos de comportamentos e elementos de seguridade no autobús.

 

3.- Visitas organizadas as nosas Dependencias da Policía local:

As visitas van dirixidas a alumnos de infantil III, ( de 5 anos de idade). De forma organizada visitan as diferentes areas das dependencias.

O total de visitas son 18, e que se encadran na formación prevista para estes alumnos en educación viaria.

 

4.- Material entregado ós alumnos de educación infantil:

Nas visitas as dependencias da Policía Local entregase de un lapis e un brazalete reflectinte da campaña e un carné a cada estudante, así como varios pósters de educación viaria, un tallímetro e unha pizarra para anotar as incidencias dos traslados e autobuses e comunicarllos ao docente acompañante para o centro.