Ensino primaria

24

Cun total de dúas sesións teóricas nos 18 centros, que son impartidos por tres educadores, e unha terceira sesión práctica no Parque Infantil de Tráfico.

1.- Programación- Plan de formación de peón, condutor de bicicleta e ocupante en turismo ou autobús escolar. Complementos con vídeos.

2.- Prácticas de peón e condutor de bicicleta e karts. De forma organizado xirar visita o Parque infantil de tráfico.

3.- Pedalada pola cidade en bicicleta. Plan de tráfico e percorrido.

4.- Programa da primeira Sesión na aula

1.- Breve presentación do axente educador.

2.- Funcións da Policía Local de Pontevedra.

3.- O alumno como peón en zonas rurais e urbanas.

4.- Breve introdución os sinais.

5.- Entrega de carnés firmados.

6.- Comunicar concurso de redacción da carta dirixida os pais. Entrega de Bases.

5.1-Programa da segunda sesión na aula:

1.-Breve presentación recordando a primeira visita.

2.-Uso responsable da bicicleta, (sinalización, elementos de seguridade, desprazamentos rurais e urbanos).

3.-Uso responsable do transporte escolar e automóbil.

4.- Vídeo complementario.

5.- Firma na segunda sesión dos carnés.

6.- Programa da terceira Sesión no parque de tráfico de Mollabao.

1.- Prácticas como peón, ciclista e condutor de kart. Utilización de beirarrúas e cruce de rúas con seguridade. Utilización da calzada, preferencias de paso e sinalización de manobras.

7.-Contidos da primeira sesión:

a) Como se circula como peón en zona urbana nas rúas e beirarrúas.

· Camiñar polas beirarrúas.

· Cruzar nos paso de peóns.

· Como cruzar a rúa se non hai paso de peóns.

· Como cruzar nas intersección reguladas por semáforos

· Como cruzar a rúa cando o tráfico é regulado por un axente.

· Malas prácticas nas beirarrúas.

· A utilización do monopatín.

b) Como se circula como peón en zona rural, sen beirarrúas.

. Camiñar pola esquerda.

· Camiñas ir en fila india.

· Como cruzar a calzada

· Como facernos notar de noite.

c) Os Sinais

8.- Contidos da segunda sesión.

a) Circulación en bicicleta en zonas urbanas nas rúas e beirarrúas.

· Normas de utilización da bicicleta.

· Os carrís carrís bici.

· A utilización da bici en grupo.

· A bici e os sinais de tráfico.

· A velocidade.

· A sinalización da manobras.

· A utilización do casco e outras medidas de seguridade

. Circulación en bicicleta en zonas rurais sen beirarrúas.

· A circulación en bici en grupo.

· A circulación en bici pola noite.

· Se deberá circular obrigatoriamente co casco.

· Respectar as sinais.

· Non utilizar auriculares.

c) Uso responsable do transporte escolar e automóbil. Hai que facer un uso

responsable no transporte escolar, cumprindo a normativa e tendo coidado cos

demais usuarios.

9.- Contidos terceira sesión.

Prácticas como peón, ciclista e condutor de kart no parque de tráfico da P.L.

. Utilización de beirarrúas e cruce de rúas con seguridade.

. Utilización da calzada, preferencias de paso e sinalización de manobras.

 

10.- Realización prácticas.

Os alumnos repártense en grupos, un grupo de 3 alumnos realizará a práctica como peóns transitando polas beirarrúas, realizando cruces de vías polos lugares sinalizados, respectando a sinalización. O mesmo tempo outro grupo de 3 escolares estará circulando pola pista coas bicicletas, respectando a sinalización, horizontal, vertical e semafórica. E o outro grupo de 3 realizará prácticas como condutor de karts respectando a mesma sinalización. Os grupos iran rotando para que todos pasen polos diferentes actividades. Danse as explicacións necesarias controlando o desenrolo da práctica, corrixindo os erros dos escolares, e realizando sinais de axentes de tráfico.

  1. Obxectivos destas prácticas

· Formar os menores en materia de seguridade viaria.

· Previr os accidentes de tráfico, combinado a teoría coa práctica e cos xogos.

· Dar a coñecer situacións de risco .

· Concienciar os menores na necesidade de utilizar elementos de

seguridade.

· Acercar os menores actitudes cívicas e de convivencia.

· Fomentar o respecto e a solidariedade.

· Dar a coñecer as consecuencias dos actos irresponsables.

· Aprender a desprazarse con seguridade.

b) Material entregado ós alumnos de educación primaria:

1).-Na primeira visita entregase de un carné para cada alumno, un libro de 1 pulga, 5 amigos e un tándem de educación vial, un folleto da publicidade da campaña unha pegatina e un bolígrafo, o centro entregaráselle unha pizarra de incidencias en autobuses, dous carteis de Campaña de educación viaria, e dous carteis do peón. Para educación infantil dous carteis de “O Neno tamén viaxa seguro”, e as unidades didácticas en formato dixital para os docentes.

2).-Na segunda visita .- Facemos entrega de dous carteis do” Explorador”, dous carteis de “O Ciclista” e un porta lapis e un lapis para cada alumno.

3).-Na terceira visita (no Parque Infantil de Tráfico) .- Facemos entrega a cada alumno dunha camiseta, unha gorra e un brazalete refráctante.

4) Pedalada pola cidade: facemos entrega de chalecos reflectantes, que serán entregados aos participantes antes da actividade.

· Libro de Fina Casalderrey: faise entrega de un libro a cada alumno de 5º de Educación Primaria.