Pedala pola cidade

23

Esta actividade forma parte das prácticas de educación viaria para escolares en relación co fomento dun modelo de mobilidade alternativa máis ecolóxico, saudable, con seguridade e sostible no que se invita a participar a todas a cidadanía. Faise coincidir co Dia Mundial da Bicicleta do ano en curso. Ós participantes entréganselle chalecos reflectantes.

O deseño da actividade é o seguinte:

1.- Deseño do percorrido.
2.- Plan de Tráfico.
3.- Colaboración Xefatura.
4.- Difusión nos medios de comunicación.
5.- Colabora todo o equipo de Educación Viaria.

Características da Pedalada:

· Duración: 1 hora aproximada.
· Dificultade: Baixa.
· Número de Participante: 1000 previsible.
· Concentración: previsto as 11:45 horas
· Comezo: Praza da Peregrina as 12:00 horas.
· Remate: Praza da Pedreira as 13:00 horas.
· Percorrido urbano:Saída de Peregrina, Cobian Roffignac, Padre Amoedo, Bos Aires cara o carril Bici, Ponte Peonil da Illa das Esculturas, dirección rotonda Alexandre Bóveda e Ponte dos tirantes, Bos aires, Avd.de Uruguay, rotonda de Rúa Galera, Arzobispo Malvar, Pardo Bazán, Alfonso XIII, Paseo de Colón, Raiña Victoria, Augusto Garcia Sanchez, Eduardo Pondal, 12 de Novembro, Loureiro crespo carril Bici, Benito Corbal, Cobian Roffignac, Sarmiento, Férnandez Villaverde e remate na Praza da Pedreira.