Policía por un día

26

Programa da actividade: o obxectivo e que coñezan o traballo dos Policías sendo participes da súas labores durante un día, especialmente os relativos á seguridade viaria:

· Recibir a chegada do autobús na Rúa Alexandre Bóveda ( parada de Bus, sinalizada). Acompañar aos alumnos dende a parada ata o acceso a dependencias.

· Presentación de vehículos policiais aos alumnos no acceso as dependencias.

· No interior, comeza a experiencia coa explicación e visita dos diferentes departamentos das dependencias:

· Oficina loxística, explicación do traballo que alí se realiza.

· Oficina de Atestados, explicación do traballo de atestados,realización de croquis por accidente e analizalos, realización da proba de alcoholemia nos diferentes e tilómetros.

· Visita á Sala do 092 e Central de Tráfico con explicacións das funcións, manexo das cámaras e fases de semáforos.

· Explicación dos equipos de transmisión.

· Entrevista co xefe da Policía Local, para coñecer as funcións do seu cargo.

. Colaboración coa 11º edición do Salón do libro de Pontevedra; denominada “ A cidade “.

. Trátase de que os alumnos de 5º e 6º de E.P. se convertan en POLICÍAS POR UN DÍA. Realízanse tres visitas as dependencias para dar a coñecer o traballo da policía, así como unha visita pola cidade.

· Saída das dependencias, regulación manual por medio de axentes e acceso a Zona peonil.

· Na Zona peonil explicación da preferencia peonil, acompañamento pola zona e explicación das campañas que se realizan ( achegarse ata onde se atopen os axentes realizando campaña de Carga e descarga e servizos da zona peonil), formulación de denuncias.

Retirada de vehículos co guindastre. Entrega de libros de educación vial aos condutores infractores por parte dos nen@s.

· Achegarse ao concello onde se atopa o Policía para explicación da súa función, información cidadá e seguridade.

COMPARTIR