Viticultura e mercados, hoxe no Pazo

77

O Pazo da Cultura acolle dende hoxe e ata o domingo as VII Xornadas agrarias sobre Viticultura e mercados organizadas pola Asociación Galega de Viticultura en colaboración co departamento de Consumo do Concello de Pontevedra, que xestiona Anxos Riveiro.

Estas xornadas comezaron na década dos 80 e foron un referente de debate do eido da agricultura, gandeiría, do viño… Logo dunha longa etapa de ivernación, o pasado ano recuperáronse para abordar o mundo do gando en Melide. Esta fin de semana volve a sentarse o sector para tratar o eido do viño e os mercados.

O propósito destas xornaas é xuntar a unha mostra cualitativamente representativa dos diferentes axentes (viticultura, cooperativas, enoloxía, sumilleres…). Todos eles forman parte da fileira deo viño que vai desde a cepa ao consumidor de calquera recanto do mundo.

Nesta consciencia de filera se encadran as estratexias cara a sinerxia e a colaboración para mellorar a posición dos nosos viños nos diferentes escenarios de venda e consumo.

Como expresión práctica haberá ao fin das xornadas un Túnel do viño, con máis de 60 marcas pertencentes a 30 adegas de todo o país.

As xornadas comeza esta tarde e continuarán durante a xornada do sábado en sesións de mañá e tarde.

O Túnel do viño abrirase o sábado de 19.30 a 22.30 horas, e o domingo de 10.30 a 13.30 horas. A entrada será de 3 euros.
 

Ver documento PDF