Domingos do Principal: ‘Ebook’, de Spasmo Teatro, no Teatro Principal

44

Lugar: Teatro Principal de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño s/n).
Horario: dúas sesións, ás 12 horas e ás 18:30 horas.
Prezo da entrada: 4 €.
Venda de entradas: en Entradas Novacaixagalicia (https://entradas.novacaixagalicia.es) ou www.servinova.com e no despacho de billetes telefónico 902 43 44 43. No caso de que non se vendan todas as entradas, as sobrantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal desde 2 horas antes do comezo da actividade.
Promove: Pazo da Cultura de Pontevedra.
 

A máis fascinante e disparatada historia do libro e os seus protagonistas.
Un repaso a través do tempo dende  a aparición da escrita e os seus distintos soportes até o día de hoxe, culminando coa aparición do E-Book , que da nome ao espectáculo.
Espectáculo de humor xestual con efectos visuais e sonoros..

Recomendado a partir de 4 anos
Duración: 60 minutos


www.spasmoteatro.com