Domingos do Principal: ‘Mensaxe sen botella’, de Caramuxo Teatro, no Teatro Principal

37

Lugar: Teatro Principal de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño s/n).
Horario: dúas sesións, ás 12 horas e ás 18:30 horas.
Prezo da entrada: 4 €.
Venda de entradas: en Entradas Novacaixagalicia (http://entradas.novacaixagalicia.es) ou www.servinova.com e no despacho de billetes telefónico 902 43 44 43. No caso de que non se vendan todas as entradas, as sobrantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal desde 2 hora antes do comezo da actividade.
Promove: Pazo da Cultura de Pontevedra.
 

Domingo 5 de febreiro
Espectáculo: Mensaxe sen botella
Por  Caramuxo Teatro (Galiza)

Jean Pierre Dumond é un home maniático e perfeccionista, vive só e adícase cada noite a recoller as mensaxes que chegan ó seu faiado dentro de botellas de diferentes tamaños e cores. Dumond  entrégallas a Gastón, para que as deixe voando no peitoril da xanela do seu destinatario.
Dumond é feliz na súa rutina diaria, mais un día chega unha botella sen mensaxe, unha mensaxe sen botella…

Unha proposta emotiva, visual e poética que mestura unha realidade imaxinaria nun mundo diferente.

Teatro de actor e títeres.

Recomendado a partir de 5 anos
Duración: 50 minutos

www.caramuxoteatro.net

COMPARTIR