Domingos do Principal: ‘Nana para un soldado’, de Teatro dos Ghazafelhos, no Teatro Principal

39

Lugar: Teatro Principal de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño s/n).
Horario: dúas sesións, ás 12 horas e ás 18:30 horas.
Prezo da entrada: 4 €.
Venda de entradas: en Entradas Novacaixagalicia (http://entradas.novacaixagalicia.es) ou www.servinova.com e no despacho de billetes telefónico 902 43 44 43. No caso de que non se vendan todas as entradas, as sobrantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal desde 2 hora antes do comezo da actividade.
Promove: Pazo da Cultura de Pontevedra.
 

O encontro de dous soldados inimigos na fronte,  atopan unha muller que ignora a guerra e os bombardeos e  terán que deixar a un lado as súas diferenzas para facérense cargo dun pequeno imprevisto: o nacemento dun neno.
Unha reflexión sobre o absurdo das guerras, e que o necesario para entenderse é escoitarse e respectarse.

Teatro de actor.
Recomendado a partir de 6 anos
Duración: 60 minutos


www.ghazafelhos.es

COMPARTIR