Los Ántonys

42

O cuarteto músico-vogal pontevedrés Los Ántonys, xorde no ano 2008 dentro da corda de tenores da Coral Bella Helenes de Pontevedra, está formado por profesionais e ex profesionais da música que tiñan a inquietude de volver recordar a música que se facía dentro do pop dos anos 60 ao 80 e tamén levan no seu repertorio temas inesquecibles como son boleros, folclore suramericano, mexicano, canario, e como non, composicións propias do noso folclore galego.


Son os seus compoñentes: Antonio Pastoriza, ex cantante de Orquestra Sintonía de Vigo; Manuel Antonio Pintos, músico profesional na actualidade e director de corais; Jacobo Aguín, membro do Grupo Ruada de Marín, e Anselmo Martínez, ex-cantautor de música galega nos anos 70 co nome artístico de Xoán Sixto.

A súa actividade véna realizando colaborando en eventos de carácter benéfico-social, culturais, recitais e eventos ou reunións de colectivos sociais e empresariais.

En 2011 sacan á venda o seu primeiro disco CD que está sendo notablemente valorado pola crítica especializada.