É cousa de maxia!

59

Co final de ano chega a maxia e a fantasía á cidade de Pontevedra. A Concellaría de Cultura programou a partir do 30 de decembro o festival "É cousa de maxia!" pensado para o público familiar, especialmente para os máis pequenos.

O Teatro Principal acollerá este espectáculo os días 30, 31 de decembro e 1 de xaneiro a partir das 18.00 horas.

O día 30 actuará o mago Teto

O día 31 será o mago Román

E o día 1 de xaneiro actuarán un amplo número de magos dirixidos polo mago Antón.

As entradas atópanse á venda na billeteira do Teatro Principal ao prezo de 5 euros e reducido a 3 no caso de nenos, xubilados e persoas en desemprego.

A Barraca de Barriga Verde

A Concellaría de Cultura tamén traerá a Pontevedra a Barraca de Barriga Verde que se instalará na Ferraría os días 21, 22, 23, 24 e 25 de decembro. É un espectáculo de títeres a cargo da compañía Viravolta que ofrecerá unha función ao día a partir das 17.00 horas.

COMPARTIR