Presentación do libro ‘Bandeiras da Galiza’, de José Manuel Barbosa, no Centro Social Revira

29

Lugar: Local social da Asociación Cultural Revira (rúa de Gonzalo Gallás, 4)
Hora: 19:30 horas.
 

O venres 30 de decembro ás 19:30 terá lugar no Centro Social
Revira a presentación da 2ª Edición do libro `Bandeiras da Galiza´ ,
editado por Através Editora o selo de AGAL. Este libro foi escrito polo
investigador José Manuel Barbosa no cal realiza un percurso histórico pola
simboloxia galega desde os seus primordios até a actualidade, baseado en
fontes históricas fidedignas.