Maiolongo organiza unha charla sobre Hermenexildo Amoedo Carballo impartida por Xosé Ramón Couto

37

O próximo mércores 28 ás 20 h. no Pazo de Mugartegui (praza da Pedreira, 10) a Asociación Maio Longo vai realizar unha charla sobre o 200 aniversario da morte do pontevedrés Hermenexildo Amoedo Carballo, autor do "Carmen Patrium sive Pontevedra", que foi divulgado e traducido por Xoán Manuel Pintos en "A gaita gallega". Esta charla será impartida por Xosé Ramón Couto, profesor de latín e actual director do IES Torrente Ballester, e autor dunha edición da obra de Amoedo, así como a tradución ao noso idioma.