Presentación do libro ‘Teoría do inverno. Os presentes do Apalpador’ no Centro Social Revira

39

O próximo día mércores 28 de decembro às 18:30 presentarase no Centro Social Revira (rúa de Gonzalo Gallás, 4) o libro "Teoria de Inverno. Os presentes do Apalpador", o cal foi editado pola Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel de Compostela. A autoría do libro é coletiva xa que conta ca participación de Jorge Paços, Andre Pena, Pepe Arias, Maria Iglesias, José André Lôpez, Andre Seoane, Mar Llinares, Carlos Calvo, Anjo Rua Nova e Jose Cadaveira.

Na mesma presentación contaremos con a presenza de vários membros da Comisión de Memoria Histórica da Gentalha do Pichel os cales proxectarán tamén entrevistas a xente das montañas orientais do noso país falando sobre a tradición do Apalpador.

COMPARTIR