Froiz e Aquagest apoian o Pazo da Cultura

83

Un total de 18.000 euros procedentes da empresa privada axudarán a manter viva a chama do Pazo da Cultura de Pontevedra, grazas a un convenio que asinaron hoxe o alcalde e os representantes de Distribucións Froiz, José Manuel Álvarez Gil, e Aquagest, Casimiro González. Unha terceira empresa, que aporta 3.000 euros, prefire manterse no anonimato.

Froiz aporta 12.000 euros de xeito desinteresado a este fin, e Aquagest 3.000. Representantes de ámbalas entidades asinaron públicamente hoxe o convenio que regula esta aportación, e recibiron o agradecemento da primeira autoridade municipal, "especialmente sentido en situacións económicas como a actual, que son consciente de que vos está afectando tamén a vós".

Neste sentido, Lores manifestou públicamente o desexo de que o resto das empresas, que noutros anos colaboraban coa dinamización do Pazo, regresen a este xeito de cooperar coa cidadanía.