Nadalocio bate o rércord de asistencia

79

Case 10.000 persoas —concretamente 9.850— pasaron xa polo complexo Nadalocio durante os seis primeiros días, tanto na pista de xeo como no parque de ocio nos seis días que levan abertas estas instalacións no recinto feiral. 

A media de ocupación cada quenda de 45 minutos é dunhas 75 persoas patinando á vez. En canto á zona de ocio destacan o enorme éxito da tirolina e o jumper de catro camas elásticas, que se montaron este ano por primeira vez e que provocan grandes colas, cousa que tamén ocorre diante doutra novidade: o karaoke. 

Ademáis de achegárense ao recinto feiral persoas individuais ou mesmo pequenos grupos familiares, tamén veñen grupos organizados para disfrutar do seu momento de ocio.