Cantos na Maré

21

Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra.
Hora: 21:00 horas.
Prezo da entrada: 12 € na venda anticipada/15 € na billeteira

Venda anticipada, ata esgotar localidades, en Entradas Novacaixagalicia (https://entradas.novacaixagalicia.es) e no teléfono 902 504 500. No caso de que non se vendan todas, as sobrantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Pazo da Cultura desde 2 horas antes do comezo da actividade.

Cantos na Maré, principal festival internacional de música dos países lusófonos. A través da lingua e da música traza un mapa común entre os territorios de fala galega e portuguesa e permite gozar da riqueza cultural de todos eles. Unha aventura que chega á súa novena edición en Pontevedra para conectar a través do Atlántico fado, pop, morna, MPB…

No escenario do Pazo da Cultura vivirase un espectáculo exclusivo que xuntará de novo figuras consagradas e artistas emerxentes baixo a dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges. Nesta edición participan Carlos do Carmo (Portugal), presente e historia do fado; Mayra Andrade (Cabo Verde), nova estrela das músicas do mundo; Socorro Lira (Brasil), renovadora do legado musical atlántico; e Xoán Curiel (Galicia), pop galego de autor libre de prexuízos.