Gran éxito de participación nas actividades culturais de Nadal

49

O Goberno Local destaca o éxito das actividades programadas dende as concellarías de Festas e Cultura durante o Nadal tanto no centro urbano como nas parroquias. O portavoz do Goberno Local, Raimundo González destacou a asistencia de miles de persoas a todas as actividades que se realizaron "e que superaron as previsións".

Ademais de Nadalocio que bateu records de asistencia, as actividades culturais programadas nas parroquias tamén tiveron unha grande acollida.

Raimundo González destacou que "esta actividade permitiu dinamizar a cidade, e crear unha Pontevedra viva, a pesar das circunstancias de crise económica".

Sobre a Cabalgata de Reis, o portavoz do Goberno asegurou que os cambios foron moi ben acollidos tanto polos pontevedreses como polos comerciantes. As novidades foron trasladar a recepción oficial dos Reis Magos para a mañá, o que provocou que se tivera que prolongar ata as 15.00 horas (estaba previsto ata as 14.00 horas) debido á importante afluencia de nenos a praza da Pedreira.

Tamén tivo moi boa acollida o adianto do Cabalta de Reis para as 18.00 horas, e a Concellaría de Festas recibiu parabéns do comercio local e tamén de asistentes á cabalgata que rematou moito máis cedo que noutros anos.