Comezan traballos de seguridade viaria e accesibilidade no acceso ao colexio Vilaverde

85

O Concello de Pontevedra iniciou nestes días traballos de seguridade viaria e accesibilidade na parroquia de Mourente, en concreto na subida ao hospital Montecelo. Trátase da ampliación da beirarrúa no entronque da avenida de Montecelo coa rúa Vilaverde que dá acceso ao centro escolar da parroquia.

A obra consiste na ampliación da beirarrúa actual, nunha lonxitude de 53 metros, para mellorar a seguridade viaria e accesibilidade en todo ese tramo e, especialmente, no acceso ao colexio. Entre as obras de accesibilidade está a construción dun paso de peóns na rúa Vilaverde.

Estes traballos encádranse nun compromiso que acadou o concelleiro delegado da parroquia, Luís Bará cos veciños de Mourente, dado que era un tramo que tiña rexistrado algún accidente de tráfico e certa inseguridade nos accesos ao centro de ensino, dado que é un espazo moi transitado por vehículos e tamén por peóns.