Volven os Domingos do Principal

51

O Teatro Principal volverá a acoller unha nova edición de Domingos do Principal que comezará o vindeiro 22 de xaneiro e rematará o próximo 25 de marzo. A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro presentou hoxe a nova programación que contará coa presenza de nove espectáculos pensados para nenos de idades a partir de tres anos.

Anxos Riveiro destacou que se trata dun programa cun grande éxito de participación o que obrigou a duplicar as funcións, facendo unha de mañá a partir das 12.00 horas e outra de tarde, a partir das 18.30 horas. Son representacións "de grandísima calidade da man das mellores compañías de teatro de todo o Estado".

Os abonos están á venda dende hoxe, 11 de xaneiro e ata o vindeiro 18 de xaneiro. A partir do día 19 poderanse mercar entradas soltas para as representacións que consideren oportunas. A Concellaría de Cultura saca á venda 304 abonos para as sesións de mañá e tarde, e 130 entradas individuais para todos os espectáuculas nas dúas edicións.

Se queres coñecer o programa consulta o seguinte documento.

Ver documento PDF

COMPARTIR