Aula de Teatro Municipal de Pontevedra

33

 

A Aula de Teatro Municipal de Pontevedra créase no ano 2000 a través da Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra aproveitando unha subvención de fondos europeos destinados ao fomento e formación na actividade teatral.
 
Durante os seguintes anos, a Aula segue a desenvolver o traballo de formación actoral continuada cun tempo de preparación, estudo e realización de exercicios dramáticos que teñen o seu traslado á escena coa realización dunha montaxe anual, cunha media de oito actores afeccionados, seguindo parámetros e ritmo de traballo que poida axudar aos integrantes a coñecer como se desenvolve o traballo nunha compañía de teatro profesional.