Oeste Solitario

19

Lugar: Pazo da Cultura (Rúa Alexandre Bóveda, s/n)
Horario: 21:00 horas
Prezo da entrada: 8 €.(5 € parados, estudantes e xubilados)
Venda de entradas: en  www.servinova.com. No caso de que non se vendan todas as entradas, as sobrantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Pazo da Cultura dende1 hora antes do comezo da actividade.
Promove: Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

Venres 20 e Sábado 21 de xaneiro
Espectáculo: Oeste Solitario
Por Producións Teatrais Excéntricas

Os amigos escollense, os irmáns tócanche. Esta frase resume en parte o argumento da última produción de Excéntricas: Oeste Solitario. Da man dos protagonistas Evaristo Calvo e Victor Mosqueira, que representan aos irmáns Valene e Coleman, e coa colaboración de Maria Lado e Marcos Correa, o director Quico Cadaval achéganos esta historia orixinal de Martin McDonagh:

Unha casa afastada nas terras esquecidas do oeste de Irlanda. Ao pe da casa, unha lagoa de augas escuras. Aló abaixo, a aldea, a carón da ría de Lennane. Nesa casa viven os protagonistas do Oeste Solitario; os irmáns Connor: Valene e Coleman. Despois de enterrar o pai, voltan ao tobo onde fermenta lentamente o rancor, a intolerancia e o odio. A historia semella que só pode acabar de duas maneiras: cun coitelo entre os omóplatos ou cun cranio rebentado polo tiro dun cartucho do 12. Tamén hai unha parella romántica: Girleen, a rapariga da aldea que lles vende o augardente ilegal, e o padre Welsh, patético parroco fracasado, que interveñen na historia, provocando sen sabelo, un xiro inesperado