A Xunta privatiza a Escola Infantil de Monte Porreiro mentres sube o 20% as tarifas

48

A coincidencia entre a subida das tarifas aplicadas ao servizo público de escolas infantís e a onda privatizadora que está levando a cabo a Xunta de Galiza son duas novas confluíntes e coherentes: a maior privatización, máis caros saen os servizos, xa que ao custo básico do persoal hai que engadir os beneficios empresariais.

Esta é a opinión da concelleira de Benestar Social Municipal, Carme Fouces, que valora moi negativamente o incremento dun 20% nas cotas das escolas infantís e tamén que a futura xestión da Escola Infantil de Monte Porreiro vaia realizarse a través dunha empresa privada, en vez de directamente pola consellaría.

A suba das taxas fai recaer o custo nas clases máis desfavorecidas, xa que a cidadanía accede á oferta de prazas a través dun baremo que cumpren rendas por debaixo da media.

Ademáis, a medida afecta tamén ás políticas de xénero, pois o incremento repercute sobre todo nas mulleres e nas familias monoparentais. En palabras da concelleira Fouces, "os servizos de benestar non deben ser un negocio nen responder ao afán recadador".

COMPARTIR