Bases do desfile de Entroido

22

As comparsas compoñeranse dun mínimo de 20 persoas que irán acompañadas de instrumentos musicais e interpretarán cancións carnavalescas ou pasarrúas durante o desfile. A maioría dos seus compoñentes deben ir a pé. Os nenos e nenas que participen no desfile non poderán entrar no concurso a non ser que estean integrados nunha comparsa ou cun grupo de adultos. O xurado terá en conta o vestiario, a animación de rúa e a calidade musical.

Os disfraces premiados daranse a coñecer durante o transcurso da verbena do entroido, que se celebrará na noite do sábado 18 na praza da Ferraría. Os premios deberanse recoller de xeito obrigatorio cos mesmos disfraces cos que foron premiados. Ademais levarán a tarxeta de inscrición e mais o DNI.

Para valorar os disfraces, o xurado terá en conta non só a categoría do disfrace, senón tamén a participación activa e humorística durante o desfile. Haberá un premio especial do entroido consistente no Ravachol 2012 para aquela comparsa ou grupo que, a xuízo do xurado, reúna especiais características no conxunto. Este premio poderá quedar deserto.

O xurado resérvase o dereito a descualificar aquelas persoas con disfraces que, ao seu xuízo, poidan resultar ofensivos, de dubidosa interpretación ou que non cumpran as normas que ao longo da comitiva vaia transmitindo o persoal de organización, que irá debidamente identificado.

Os participantes, no momento da súa inscrición, deberán facer constar en que modalidade queren participar: facha ou disfrace. Todos os participantes deberán estar anotados antes das 17.00 horas do sábado 18, día do desfile momento no que se realizara o sorteo da orde de saída. A concentración e inscrición de todos os participantes no desfile de entroido realizarase na rúa Xosé Malvar.

A orde de participación das comparsas no desfile determinarase logo dun sorteo.

Os grupos sobre camións – góndolas ou grandes plataformas non poderán exceder o ancho da propia góndola ou plataforma, e en calquera caso todos os participantes do entroido adaptarán as súas estruturas ao trazado por onde transcorre o desfile.

A participación supón a plena aceptación destas bases. Os participantes deberán inscribirse na modalidade axeitada. A decisión do xurado será inapelable.

 

PREMIOS DO DESFILE

 

 

INDIVIDUAIS

DISFRACE

FACHAS

 

1º Premio

250,00 €

250,00 €

 

2º Premio

150,00 €

150,00 €

 

3º Premio

120,00 €

120,00 €

 

DISFRACE

FACHAS

 

1º Premio

350,00 €

350,00 €

 

2º Premio

230,00 €

230,00 €

 

3º Premio

200,00 €

200,00 €

 

 

 

GRUPOS

DISFRACE

FACHAS

 

1º Premio

2.500,00 €

2.500,00 €

 

2º Premio

1.800,00 €

1.800,00 €

 

3º Premio

1.300,00 €

1.300,00 €

 

 

COMPARSA

DISFRACE

 

 

1º Premio

2.500,00 €

 

 

2º Premio

1.900,00 €

 

 

3º Premio

1.600,00 €

 

 

4º Premio

1.150,00 €

 

 

5º Premio

850,00 €

 

 

 

 

COMPARTIR