Deben estar compostas por un número mínimo de cinco persoas e un máximo de vinte e terán que ir acompañadas de calquera tipo de instrumento.
Aquelas que desexen participar deberán realizar a súa inscrición no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos nº 2 – 1º andar) antes das 13.00 horas do venres 17 de febreiro.
Os/as integrantes de cada murga só poden participar única e exclusivamente nunha.
A orde para a interpretación das cancións de cada unha das murgas quedará establecida mediante un sorteo que se celebrará o sábado día 18 de febreiro ás 13.00 horas no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos nº 2 – 1º andar) ao que debe asistir un representante de cada murga.
O tempo destinado a cada actuación é de 30 minutos como máximo. Poderá ser inferior se cada murga o desexa así.
As cancións que se interpreten serán de temática libre e adaptadas ao estilo do entroido. Valorarase a contribución humorística na actuación.
Cada murga recibirá 150 euros como gratificación pola súa participación.
No caso de que a participación exceda de cinco murgas, celebraranse dúas eliminatorias que terán lugar no Pazo da Cultura o luns día 20 de febreiro e o mércores día 22 de febreiro ás 21.00 horas, a final será o xoves 23 de febreiro ás 21.00 horas.
Calquera aspecto non contemplado nestas bases resolverao o xurado. O feito de presentarse ao concurso supón a aceptación destas bases e mais a conformidade coa decisión do xurado, que será inapelable.
PREMIOS DO CONCURSO DE MURGAS
1º Premio 1.200 €
2º Premio 1.050 €
3º Premio 900 €
4º Premio 750 €