O alcalde visita as plantacións de Monte Vivo no lugar do Salgueiral, en Bora

69

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores visitou esta semana os traballos do proxecto municipal Monte Vivo no lugar do Salgueiral, na parroquia de Bora. Acompañado do concelleiro delegado da parroquia, Demetrio Gómez e do presidente da Comunidade de Montes percorreron varias das zonas que se limparon recentemente, cumprindo deste xeito coa segunda fase do Plan Monte Vivo.

Cabe lembrar que Monte Vivo é un plan que se extende durante cinco anos e que consiste unha primeira fase de plantación e noutras dúas de limpeza ao longo dos seguintes catro anos para conservar e preservar esa plantación de árbores autóctonas e eliminación de especies invasoras como o eucalipto.

O alcalde confesou que debido á situación económica o Plan Monte Vivo tiña que ser redefinido e en lugar de ir a plantacións masivas, "tal vez teñamos que ser máis selectivos pero tamén con plantacións de maior calidade, con árbores máis crecidas que permitan obter os maiores rendementos económicos do monte".