As obras do AVE en Loureiro Crespo inician a recta final

57

O Concello de Pontevedra e a empresa que executa as obras do Tren do Eixo Atlántico ao seu paso polo municipio mantiveron esta mañá unha reunión de seguimento das obras do AVE na cidade. O concelleiro de Mobilidade, Luís Bará participou na reunión xunto a outros técnicos municipais.

A empresa en coordinación coa Policía Local, anunciou o peche da beirarrúa que une Loureiro Crespo con José Malvar entre o 5 de marzo e o 2 de abril. Esta beirarrúa xa se pechou por uns días nas pasadas semanas, e na actualidade está aberta ao tránsito peonil. Agora os traballos na parte final da ponte obrigan a pechar a beirarrúa definitivamente e durante un mes. Alternativamente xa está habilitado o paso de peóns en Doce de novembro.

Cabe lembrar que esta é a última fase da obra prevista no ámbito de Loureiro Crespo.

Por outro lado, tamén se acordou o inicio dos traballos no barrio da Seca para medidados da vindeira semana, e decidiuse que os traballos na ponte de Santa Margarida non comezarán ata que estea aberta ao tráfico a rúa Loureiro Crespo.

O concelleiro de Mobilidade, Luís Bará manterá unha reunión a vindeira semana cos veciños da Seca para informarlles do plan de traballo e tamén do plan de tráfico que a Policía Local está a ultimar para esta zona da cidade.

Ver documento PDF