As entidades sociais de Pontevedra xestionan a Redeaxuda

42

As entidades de Pontevedra xa xestionan a Redeaxuda que o Concello de Pontevedra puxo ao seu servizo para dar a coñecer o seu traballo, coordinar os esforzos e facilitar a participación cidadá. Tal é así que nestes días o Comedor de San Francisco engadiu o leite ás súas necesidades básicas.

A Redeaxuda de Pontevedra é unha iniciativa que pretende crear sinerxias e facilitar a participación cidadá en relación coas entidades sociais de axuda ante situacións extremas.  Esta iniciativa está impulsada pola Concellaría de Benestar Social Municipal a partir de diversas xuntanzas nas que participaron as entidades asociativas adicadas a esta actividade e unha vez detectadas as posibles melloras que poderían facer máis eficiente o seu traballo social.  Esta iniciativa se materializa de dúas formas:  creando a propia rede, interconectando ás entidades, creando fichas identificativas sobre as funcións de cada unha, obxectivos, situación, contacto…; a través dunha xanela electrónica para favorecer a interación coa cidadanía e os medios de comunicación www.redeaxuda.com 

A web recolle as informacións esenciais das entidades da Rede de cara á cidadanía. O máis interesante para axudar ao interés e xestión das entidades é unha taboa de necesidades, que as propias entidades van actualizando e que a cidadanía pode consultar para aportarlles as axudas que precisen. 

Ten un sistema de alertas urxentes para situacións de emerxencia. Inclúe un apartado especial para o voluntariado, coas necesidades de cada entidade sobre os perfís persoais que necesitan.