O plan de bacheo e mantemento das pistas do rural chega á parroquia de Lourizán

95

O Concello de Pontevedra inicia mañá traballos de bacheo e reparación de todos os viais da parroquia de Lourizán, comenzando polo lugar do Regueiriño.

Este plan de bacheo que se estenderá progresivamente por toda a parroquia pretende prolongar a vida útil do viario do rural que estando nun relativo bo estado de conservación, si precisan traballos de mantemento ou bacheo para facer máis fácil o tránsito rodado e peonil, tal e como referenciou o concelleiro delegado da parroquia, Demetrio Gómez.

Estes traballos están sendo consensuados nos consellos parroquiais e que non precisan estar incluídos dentro do Plan de infraestruturas parroquiais ao tratarse do mantemento dos espazos públicos. De feito xa se fixeron labores similares noutras parroquias do rural como Santo André de Xeve.