O Concello pon en marcha as Escolas de familia

45

A Concellaría de Benestar Social Municipal xa activou as Escolas de Familia que se están a celebrar nos colexios San Benito de Lérez, San Martiño (Salcedo), Vilaverde (Mourente) e o CEIP A Xunqueira I. É unha actividade que se inclúe dentro da programación da Casa Azul.

As escolas de familia traballan na solución de posibles conflictos entre pais/nais e fillos/as. É unha actividade que oferta o Concello aos centros escolares que o solicitan a través das Anpas.

As escolas de familia rematarán o vindeiro 29 de maio e ofrecen obradoiros sobre autoestima, sobre o uso das TICs, prevención de condutas aditivas, apoio escolar, comunicación ou violencia de xénero. Están impartidos por especialistas nos distintos ámbitos.

COMPARTIR