Un paseo polas nubes

52

A Concellería de Benestar Social Municipal puxo enmarcha hoxe unha novidosa actividade vinculada á programación da Casa Azul. Trátase animar aos colectivos que traballan no eido social, e aos seus membros a facer un paseo polas nubes, vendo a cidade dende os edificios máis altos e emblemáticos de Pontevedra.

Nesta actividad participan os colectivos: Asociación de enfermos psíquicos Alba, Asociación de Síndrome de Down Xuntos, e Asociación Juan XXIII.

Un paseo polas nubes permitirá ver Pontevedra dende os seguintes miradoiros de excepción:
1. Terraza da Casa Azul.
2. Último andar do sexto edificio do Museo Provincial
3. Miradoiro do edificio das Torres
4. Edificio Adeslas
5. Terraza da Basílica de Santa María.

As visitas fanse seguindo este programa:

• 10.00 -13.00 horas. Seguindo a orde dos edificios recollida   Juan XXIII e Asociación Alba
• 16.30 – 19.30 horas: Xuntos e Juan XXIII.

A Concellaría quere agradecer a colaboración tanto das persoas particulares como das empresas e institucións que colaboran neste proxecto, polo interese que amosaron no proxecto e a súa colaboración.