O alcalde estudiará coa ministra os proxectos de Fomento en Pontevedra

86

A ministra de Fomento, Ana Pastor, visitará este venres, 23 de marzo o Concello de Pontevedra. Un acto oficial no que está previsto reunirse co alcalde e asinar no Libro de honra, entre outras cousas.

Nesta visita, o alcalde pretende facer un repaso de todos os asuntos do Ministerio de Fomento en relación a Pontevedra. Están na carteira:

  1. Facer un repaso do convenio asinado co Ministerio: avenida de Marín, obras do Nó do Pino, urbanización da N-550 (feito), desdobramento da avenida de Vigo, e a mellora da seguridade viaria e da urbanización da N-541, entre Montecelo e Bora.
  2. Transferencia de viario ao Concello: a avenida de Lugo dende Eirós ata a rotonda de Montecelo; e a estrada de Santiago dende a ponte de Santiago ata Alba.
  3. As previsións da circunvalación.
  4. Remodelación de acceso norte da AP-9 (remodelación do nó de bombeiros)
  5. Previsións do Tren do eixo atlántico, especialmente coñecer as previsións sobre a remodelación da estación de tren.
  6. As previsións do AVE, especialmente da conexión directa por Cerdedo.
  7. O porto de Marín e a posible plataforma loxística
  8. A mellora da PO-11 para continuar o paseo marítimo da avenida de Marín ata Marín.