Parques e Xardíns podan os plátanos da rúa Francia

71

A Concellaría de Medio Ambiente, a través do departamento de Parques e Xardíns, está a realizar traballos de mantemento e conservación nas árbores do entorno da Uned. Trátase da poda dos plátanos situados na rúa Francia, no barrio de Monte Porreiro, xa que algunhas das súas ramas estaban en situación perigosa e nalgúns casos, as polas causaban molestias aos edificios da rúa pola súa dimensión.

Estes traballos están enmarcados dentro das tarefas habituais de mantemento e conservación que realiza o Concello a través do departamento de Parques e Xardíns para velar polo coidado, conservación, bo estado e sanidade de todas as árbores dos parques e zonas verdes do concello.