O Concello denuncia no Xulgado o Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal do Hospital Monte Carrasco

77

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a interposición dun recurso contencioso-administrativo contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia que aprobou definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do novo Hospital de Pontevedra.

O documento recolle que con data do paso 23 de abril, tivo entrada no Concello a comunicación do Director de Recursos Económicos do Sergas dando conta da aprobación definitiva do Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal do Novo Hospital de Pontevedra, adoptada polo Consello da Xunta de Galicia na sesión que tivo lugar o pasado 16 de febreiro.

O Concello de Pontevedra formulou alegacións opoñéndose ao devandito instrumento de ordenación territorial, acordando a Xunta de Goberno Local,  que ante a falta de aceptación das mesmas, pola Asesoría Xurídica Municipal se adoptasen as medidas tendentes á formulación dun recurso.